Iniciamos unha nova formación: Actividades Auxiliares de Comercio, Almacén e Reparto a domicilio.
Este luns 10 deu comezo nas instalacións de Ambar a formación de Actividades Auxiliares de Comercio, Almacén e Reparto a domicilio , para persoas con diversidade funcional.
Na presentación da formación estiveron presentes Daniel Tojo, orientador laboral; Milagros Rey, Presidenta de Ambar; Jaime Capilla, coordinador da formación; Irene Paz, docente da formación e os alumnos e alumnas que se inscribiron.
Este curso realízase co apoio financieiro da Fundación ONCE a través da “Convocatoria de Axudas Económicas para a selección de operacións para o reforzo da empregabilidade de persoas con discapacidade POISES Uno a Uno – Ano 2022-2023”.
E enmárcanse no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social 2014-2020 (POISES) do Fondo Social Europeo (FSE), en concreto co Obxectivo Temático 9, Prioridade de Inversión 9.1., Obxectivo Específico 9.1.2. relativo a aumentar a contratación de persoas con discapacidade en situación ou risco de exclusión social.
Esta formación é posible grazas á financiación da Fundación ONCE concedida na ‘Convocatoria de Axudas económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas Xoves con Discapacidade “Uno a Uno” e enmárcase no Programa de Emprego Xuvenil (POEJ) do Fondo Social Europeo “O FSE inviste no teu futuro.”