Iniciamos Dixitalíza-T: formación sobre competencias dixitais

Este luns 23 deu comezo nas instalacións de Ambar a Dixitalíza-T ,unha formación en competencias dixitais impartida por Ahinoa Parga e Lidia Mariño, profesionais da Asociación Ambar.

Inicio da formación con Ahinoa Parga e Jaime Capilla, coordinador do proxecto.
Presentación de Dixitalíza-T

O obxectivo xeral desta formación é mellorar a autonomía das persoas con divesidade funcional a través da adquisición de novas competencias dixitais as cales pemitan mellorar a vida diaria a través de medios telemáticos.

O grupo que iniciou a formación está composto por oito persoas con diversidade funcional. Constará de 160 horas comezando este luns 23 e rematando o luns 7 de marzo. 

 

Ahinoa impartindo o primeiro módulo da formación Dixitalíza-T

Dixitalíza-T divídese en catro módulos formativos: búsqueda na rede, correo eléctronico, trámites en liña e empregabilidade online.

O enfoque das accións que se levan a cabo a través do programa vai dirixido a ofrecer alternativas de formación dixital de maneira práctica, incrementar as posibilidade de accesibilidade dixital das persoas con diversidade funcional e romper os estereotipos existentes sobre as persoas con diversidade intelectual e o acceso a contidos dixitais.

Esta formación realízase co apoio financiero da Fundación Once Por Talento.