Formación en Restaurante e Bar. Inscricións abertas!

Requisitos
- Ter unha diversidade igual ou superior ó 33%.
- Estar inscrita/o no SEPE como demandante de emprego.
- Ó inicio da formación deberase aportar a acreditación de demanda de emprego (DARDE) en vigor, expedido polo Servizo Público de Emprego.
Data, horario, lugar e duración
Inicia: o 2 de marzo de 2026
Finaliza: o 18 de setembro de 2026
Horario: de mañá.
Lugar: Instalacións da Asociación Ambar, Ribeira.
Inscricións
Podes realizar a túa incrición cubrindo o seguinte formulario: inscríbete.
Este curso realízase co apoio financeiro da Fundación ONCE a través da “Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” – Ano 2025-2026”.
E desenvolverase no marco do Programa FSE+ de Inclusión Social 2021-2027 (PEJ) do Fondo Social Europeo (FSE), en concreto co Obxectivo Político 4, Prioridade 2, Obxectivo Específico h), establecido no Artigo 4 do Regulamento (UE) 1296/2013, relativo a “Fomentar a inclusión activa ó obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos”.
Se prefires tamén podes chamar ó 673 879 034 para formalizar a túa inscrición
Esta formación é posible grazas á financiación da Fundación ONCE concedida na ‘Convocatoria de Axudas económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” e enmárcase no Programa FSE+ de Inclusión Social 2021-2027 (PIN) do Fondo Social Europeo.


