Formación en Cociña e Pastelería. Inscricións abertas!

Requisitos

  • Ter unha diversidade igual ou superior ó 33%
  • Estar incrito/a no SEPE como demandante de emprego.
  • Ó inicio da formación deberase aportar a acreditación de demanda de emprego (DARDE) en vigor.

Grazas ao curso terás posibilidade de realizar cursos de PRL (Prevención de Riscos Laborais) e Manipulación de alimentos.

Data, horario e lugar

Datas fase teórica:  do 17 de febreiro ó 8 de maio.

Datas fase práctica:  a partir do 9 de maio

Horario: de mañá.

Lugar: Centro de recursos da Asociación Ambar. Lg Granxa Nº 5, Frións, Ribeira.

Inscricións

Podes realizar a túa incrición cubrindo o seguinte formulario: inscríbete.

Este curso realízase co apoio financeiro da Fundación ONCE a través da “Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” – Ano 2024-2025”.  

  
E desenvolverase no marco do Programa FSE+ de Inclusión Social 2021-2027 (PEJ) do Fondo Social Europeo (FSE), en concreto co Obxectivo Político 4, Prioridade 2, Obxectivo Específico h), establecido no Artigo 4 do Regulamento (UE) 1296/2013, relativo a “Fomentar a inclusión activa ó obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos”.  

Se prefires tamén podes chamar ó 673 879 034 para formalizar a túa inscrición  

Esta formación é posible grazas á financiación da Fundación ONCE concedida na ‘Convocatoria de Axudas económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” e enmárcase no Programa FSE+ de Inclusión Social 2021-2027 (PIN) do Fondo Social Europeo. 

Logo Fundación Once Uno a Uno