Formación en Cociña e Catering. Inscricións abertas!

Requisitos

  • Ter entre 16 e 29 anos
  • Ter unha diversidade igual ou superior ó 33%
  • Estar incrito/a no Sistema de Garantía Xuvenil

Grazas ao curso terás posibilidade de realizar cursos de PRL (Prevención de Riscos Laborais) e Manipulación de alimentos.
Parte da teoría poderase aplicar con clases prácticas ou dinámicas no espazo de cociñas do mercado de Ribeira.

Data, horario e lugar

Datas fase teórica:   do 22 de abril ata o 2 de xullo.

Datas fase práctica:  a partir do 3 de xullo.

Horario: de mañá

Lugar: Centro de recursos da Asociación Ambar. Lg Granxa Nº 5, Frións, Ribeira.

Inscricións

Podes realizar a túa incrición cubrindo o seguinte formulario: inscríbete.

Este curso realízase co apoio financeiro da Fundación ONCE a través da “Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” – Ano 2023-2024”

 
E desenvolverase no marco do Programa FSE+ de Emprego Xuvenil 2021-2027 (PEJ) do Fondo Social Europeo (FSE), en concreto co Obxectivo Político 4, Prioridade 1, Obxectivo Específico h), establecido no Artigo 4 do Regulamento (UE) 1296/2013, relativo a “Fomentar a inclusión activa ó obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos”. 

Se prefires tamén podes chamar ó 673 879 034 para formalizar a túa inscrición  

Esta formación é posible grazas á financiación da Fundación ONCE concedida na ‘Convocatoria de Axudas económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” e enmárcase no Programa FSE+ de Emprego Xuvenil 2021-2027 (PEJ) do Fondo Social Europeo.

Logo Fundación Once Uno a Uno