Formación en Actividades Forestais. Inscricións abertas!
Ambar impatirá unha formación sobre ‘Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes’ para persoas con diversidade funcional.
A formación é totalmente gratuíta e conta cunha beca de asistencia para todas as persoas participantes e servizo de transporte dispoñible.
Requisitos
- Ter unha diversidade igual ou superior ó 33%.
- Ester inscrito/a no Servizo Público de Emprego como demandante de emprego.
- Para obter a titulación hai que asistir ao 85% do curso.
- Ó inicio da formación deberase aportar a acreditación da demanda de emprego (DARDE) en vigor, expedida polo Servizo Público de Emprego.
Data, horario e lugar
Data: Inicia o 5 de febreiro e remata o 30 de agosto do 2024
Horario: de mañá
Lugar: Centro de recursos da Asociación Ambar. Lg Granxa Nº 5. Frións Ribeira
Inscricións
Podes realizar a túa incrición cubrindo o seguinte formulario: inscríbete.
Este curso realízase co apoio financieiro da Fundación ONCE a través da “Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” Programa FSE+ de Inclusión – Ano 2023-2024”.
E desenvolverase no marco do Programa de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza FSE+ 2021-2027 (Programa FSE+ de Inclusión) do Fondo Social Europeo (FSE), en concreto co Obxectivo Político 4, Prioridade 2, Obxectivo Específico h), establecido no Artigo 4 do Regulamento (UE) 1296/2013, relativo a “Fomentar a inclusión activa ó obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos”.
Se prefires tamén podes chamar ó 673 879 034 para formalizar a túa inscrición
Esta formación é posible grazas á financiación da Fundación ONCE concedida na ‘Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” e enmárcase no Programa de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza FSE+ 2021-2027 (Programa FSE+ de Inclusión) do Fondo Social Europeo.