Formación gratuíta sobre comercio, para persoas con diversidade funcional. Inscricións abertas!
Ambar impatirá unha formación sobre ‘Actividades auxiliares de comercio e entrega e recollida a domicilio’ para persoas con diversidade funcional.
A formación é totalmente gratuíta e conta cunha beca de asistencia de 9 euros ó día e a posibilidade de transporte adaptado.
Grupo e requisitos
- Grupo máximo de 10 persoas
- Ter recoñecido un grao de diversidade mínimo do 33%
- Ter o DNI actualizado
- Estar dados e dadas de alta como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego
Data, horario e lugar
Data: comeza o 1 de marzo e remata o 21 de xuño ou 4 de agosto, dependendo se vas na 1ª ou na 2ª quenda de prácticas.
Horario: de luns a venres de 10:00h a 14:00h
Lugar: Centro de recursos da Asociación Ambar. Lg Granxa Nº 5. Frións Ribeira
Inscricións
Se queres formalizar a túa inscrición chamanos ó 981 87 44 80, escríbenos a empregoinclusivo@asociacionamabr.org ou cubre o seguinte formulario:
Erro: Formulario de contacto non atopado.
Esta formación é posible grazas á financiación da Fundación ONCE concedida na ‘Convocatoria de Axudas económicas a proxecto de Reforzo da Empregabilidade de Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” do 2021 e enmárcase no Programa de Emprego Operativo de Inclusión Social e Economía Social POISES 2014-2020 cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE).
1 Comments
Join the discussion and tell us your opinion.
[…] Asociación Ambar dar persoas con diversidade funcional abriu as inscricións para a formación Actividades Auxiliares de Comercio e Entrega e Recollida a Domicilio que impartirá no seu Centro de Recursos da Barbanza, emprazado en Frións, Ribeira. A actividade […]