Pendentes Corazón Ambar

Os Pendentes Corazón Ambar son unha explosión de cor e significado. Cun deseño doce e divertido que destaca polas súas cores verdes e amarelas, son a peza perfecta para quen quere levar consigo a diversidade e a esperanza.
Cada pendente está modelado con arxila polimérica artesanal no noso obradoiro, garantindo que non haxa dous pares exactamente iguais. Son lixeiros, cómodos e o complemento ideal para darlle un toque de ledicia, frescura e moito brillo ao teu estilo.
Feitos con Valores
Esta é unha peza exclusiva creada a man polas persoas artesás do Obradoiro de Artes Plásticas de Ambar. Ca túa compra, apoias o talento, a creatividade e a dedicación.
Bisutería Solidaria e Inclusiva
Ao adquirires estes pendentes feitos a man, participas activamente na misión de Ambar de Impulsar Vidas Independentes en Comunidade. Cada venda xera emprego digno e pon en valor as capacidades das persoas con diversidade funcional.

4,00 

Solo quedan 1 disponibles