Entrega de diplomas das formacións de actividades Forestais e Cociña e Catering
Na mañá do luns 30 de setembro Abdennour, Alejandro, Antonio, Ángel, Fernando, Gonzalo, Antonio Manuel, Aray, Enrique, Fernando, Martín, Raquel, Ricardo e Vanesa recolleron os seus diplomas.
Tamén estiveron presentes, Juan Furones, Concelleiro de Sanidade, Marián Sánchez e Manolo Casais, educadores da UCA e Julio Pérez da Fundación Faiben.
Da Asociación Ambar asistiron Helena Teira, coordinadora xeral; Milagros Rey, presidenta da Asociación; Alicia Romero, secretaria; Jessica Estévez e Daniel Tojo, profesionais da área de emprego de Ambar.
Tamén participaron na xornada Beatriz Gallego Nieto, directora territorial de Inserta Empleo en Galicia, en representación de Fundación ONCE e Isaura Bouzón Calvo, como Consultora de Emprego e Formación en Inserta Empleo, e coordinadora das accións formativas. Tamén se sumaron ó acto as persoas representantes das empresas acolledoras, que puxeron en valor o esforzo do alumnado en prácticas e satisfacción de acollelos. As empresas asistentes foron Agroforestal e Desbroces Tino.
Estes cursos realizáronse co apoio financieiro da Fundación ONCE a través da “Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” Programa FSE+ de Inclusión – Ano 2023-2024”.
E desenvolverase no marco do Programa de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza FSE+ 2021-2027 (Programa FSE+ de Inclusión) do Fondo Social Europeo (FSE), en concreto co Obxectivo Político 4, Obxectivo Específico h), establecido no Artigo 4 do Regulamento (UE) 1296/2013, relativo a “Fomentar a inclusión activa ó obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos”.