Dispoñible na preventa o Calendario Solidario 2024!

Xa está dispoñible a preventa do Calendario Solidario 2024. Esta 9ª edición versará sobre 12 das series españolas máis coñecidas.

Onde pode reservarse:

O calendario que ten un custe de 7€ na súa versión de parede e 3,50€ de mesa. Pode reservarse tanto na nosa web, como nas canles habituais: Chamando ó 981 87 44 80 ou escribindo a correo@asociacionambar.org. As primeiras 20 persoas que o reserven recibirán un agasallo dos obradoiros artesanais de Ambar.

Un calendario cheo de capítulos

Este proxecto que comezou a súa andadura no ano 2015, e que promove o cine con valores sociais e o apoderamento das persoas con diversidade funcional a través da expresión artística. Nesta edición o Calendario volve a estar composto por carteis que versan sobre 12 da series españolas máis coñecidas.

Coa recadación obtida da súa venta, Ambar impulsará proxectos que melloren a autonomía e calidade de vida das persoas con diversidade funcional.

Proceso de creación dunha das series do Calendario 2024