A representante da Cooperativa Covirán Marisa Arnoso visita Ambar

Marisa Arnoso, encargada de Selección da Cooperativa Covirán do Supermercado Etelvina de Aguiño, Ribeira. Visitou as nosas instalacións. Durante o encontro, compartiu a súa experiencia de case 40 anos. O supermercado fundado no 1983 foi uns dos primeiros en Aguiño.

Marisa Arnoso de Covirán e Ángeles Sampedro de Ambar


O eixe principal do encontro estivo centrado nas competencias laborais. Na importancia de perfís polivalentes, actitude positiva, proximidade e traballo en equipo. Tamén falou de emprendemento e do valor engadido do comercio local. Narrou o impacto da Cóvid e a implicación que supuxo para todos os profesionais do sector, sobre todo nos primeiros meses da pandemia.

Á xornada asistiron os e as alumnas da formación sobre industria alimentaria que Ambar esta impartindo nas súas instalacións, grazas á financiación da Fundación Once, no programa “Uno a Uno” do POEJ convocatoria 2021-2022 e o Fondo Social Europeo. Que ten a finalidade de promover a sostibilidade e a calidade no emprego, favorecer a mobilidade laboral, así como reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas xoves e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

Tamén estiveron presentes en representación de Ambar: Milagros Rey, presidenta de Ambar; Daniel Tojo, orientador laboral; e Ángeles Sampedro, técnica de emprego.

De esquerda á dereita: Milagros Rey, presidenta de Ambar; Daniel Tojo, orientador laboral de Ambar; Ángeles Sampedro, técnica de emprego de Ambar; e Marisa Arnosa, encargada de Selección da Cooperativa Covirán do Supermercado Etelvina de Aguiño.


Esta é a 2ª xornada dun ciclo de conferencias con empresas, que Ambar comezou á semana pasada coa visita de Flavia González, técnica de Selección de Persoal de Galicia e Asturias da multinacional Clece. E que seguirá o seu transcurso nas vindeiras semanas.

Logo Fundación Once Uno a Uno
Logo Unión Europea Fondo Social Europeo Iniciativa de Emprego Xuvenil El FSE inviste no teu futuro

 

1 Comments

Join the discussion and tell us your opinion.

A representante en Aguiño da Cooperativa Covirán mostrou en Ambar o funcionamento dunha empresa alimentaria – O Barbanza
23/02/2022 at 15:06

[…] mañá deste mércores 23 de febreiro a sede en Frións (Ribeira) de Ambar recibiu a vista dunha das representantes da Cooperativa Covirá…, encargada de Selección no Supermercado Etelvina de Aguiño, […]