Contos que contaxian ilusión
“Contos que contaxian ilusión” é unha iniciativa da Fundación ONCE cuxo obxectivo é visibilizar a diversidade a través da mostra de vivencias de nenas e nenos con diversidade funcional que conseguen o seus soños e viven aventuras divertidas.
A colección conta con 12 títulos, entre os que están:
Aitor aviador
Aitor é un neno con TDAH que con tesón conseguirá ser un gran aviador xa que como el mesmo di “soñade e quedarédesvos curtos.”

Amador actor
Amador é un neno con parálise cerebral que leva o teatro na sangue e non vai parar ata percorrer todos os teatros do mundo. Vai estrear a súa primeira obra na que será o protagonista.

Aneta poeta
Aneta é unha nena con disfemia que é poeta. Ultimamente conseguiu dous logros; dicir o nome completo de Paco, o seu logopeda e declamar un dos seus poemas na clase.

Podes atopar aquí a colección completa con diferentes actividades .