Como facer as probas de selección?

A empresa ten que decidir o contido da información e cal é a mellor maneira de presentala para que poida ser entendida por unha ampla diversidade de público e non se realice discriminación indirecta (non ter en conta as posibles necesidades de apoio das persoas candidatas).

As probas de selección

A avaliación das persoas candidatas require definir claramente o criterio de selección e as probas ou técnicas de avaliación.

As probas avaliarán o desempeño laboral das competencias que se solicitan. É relevante diferenciar ben cales son as realmente necesarias e cales serían un extra para o posto, desexable pero prescindible.

Existen varios tipos de probas para avaliar as competencias, saliéntanse as entrevistas por competencias. As preguntas deste tipo de entrevista son preguntas abertas sobre situacións concretas da experiencia do candidato, e buscan obter exemplos de como reaccionou en determinadas situacións. 

As preguntas por competencias pódense ver no seguinte exemplo:

Técnica ou Técnico en xestión de stocks e almacén

Obxectivo do posto: elaborar pedidos e xestionar o stock de produtos da planta.

Empresa: fabricación artesanal e venta de cremas, aceites e xabóns dermocosméticos para o coidado persoal.  

Competencia, pregunta a avaliar e nivel:


Orientación ao cliente

Que produtos do almacén seleccionarías para a próxima campaña de ventas? 

Nivel: Alto


Resolución de problemas

Se un cliente non está satisfeito co empaquetado dos produtos, que faría vostede? 

Nivel: Medio


Traballo en equipo

Cónteme algunha experiencia na que observase que un grupo de persoas estaba realizando unha actividade de forma equivocada. Que fixo vostede ante iso? 

Nivel: Alto

A incorporación ó posto

Os procesos inclusivos, non rematan unha vez seleccionada a persoa, senón que planifican con anterioridade o proceso de acollida da persoa seleccionada, e valoran se hai necesidade de facer algunha adaptación específica. O proceso de acollida pretende a máxima inclusión da persoa traballadora recen chegada á organización, brindándolle información acerca da compañía en xeral (misión, áreas, equipo humano, etc.) e do seu rol en particular (desempeño do posto).