Onde difundir a oferta de emprego?

Trátase de ampliar a busca e de publicar a oferta tendo en conta: onde se está promovendo o anuncio, e que persoas queren presentarse. Desta forma pódese optar por diferentes fontes de recrutamento para captar unha variedade ampla de talentos diversos, como poden ser: 

Asociación sen ánimo de lucro

Para promover o acceso e participación de persoas con diversidade funcional ou en risco de exclusión social pódese publicar o anuncio a través de organizacións de persoas con diversidade funcional, xa que terán un amplo grupo social para comunicar a oferta.

Centros formativos

En universidades, centros de formación profesional e outros centros educativos, poden contar cunha base de datos de persoas tituladas que van a realizar prácticas laborais ou que xa as realizaron e buscan emprego

Servizo Público de Emprego de Galicia

“Cando o Servicio público de emprego de Galicia (SPEG) recibe unha solicitude de oferta de emprego dunha empresa, envíanse persoas candidatas con e sen diversidade funcional” (Trincado Álvarez, 2019). Tamén dan cabida a procesos con acción positiva que dan prioridade no filtro de candidaturas a profesionais con diversidade funcional, para iso hai que marcalo na recadro corresponde do modelo de solicitude. 

Os departamentos de emprego dos concellos realizan proxectos de inserción laboral de persoas con especial dificultade de inserción, a través de Obradoiros de Emprego, Programas Experimentais de Emprego entre outros.  

Axencias de colocación

Realizan servizos de intermediación laboral e contan cunha bolsa de emprego. Traballan de forma coordinada cos servicios públicos de emprego, nalgúns casos son axencias de colocación autorizadas (ACA) e noutros son axencias de colocación colaboradoras (ACC), que subscribiron un convenio cos mesmos. Poden ser creadas por unha entidade pública ou privada con ou sen ánimo de lucro. 

Entidades privadas

Empresas de traballo temporal (ETT) específicas de acción positiva, como Activa Social S.L.,  adícanse á xestión de recursos humanos para as empresas, especialmente á xestión da selección e contratación de traballadores con diversidade funcional de forma temporal.