Comezamos a nosa formación de Cociña e Pastelería

Este luns 17 de febreiro comezou no Centro de Recursos da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional a formación de Cociña e Pastelería dirixida a persoas con diversidade funcional.

Na presentación do curso estiveron presentes Milagros Rey, presidenta de Ambar; Helena Teira, coordinadora xeral da Asociación Ambar e Alicia Romero, secretaria de Ambar; que se encargaron de dar a benvida ó novo alumnado que inaugura a primeira formación de Ambar este ano.

Nesta primeira semana de formación traballarán co módulo de habilidades prelaborais e transversais, e en canto rematen esta primeira parte da fase teórica, comezarán a formarse nas cociñas dos Concello de Porto do Son e Ribeira.

A través da formación tamén se ofrece a posibilidade de realizar cursos de PRL (Prevención de Riscos Laborais) e Manipulación de alimentos.

Esta formación é posible grazas á cofinanciación da Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo (FSE) dentro da ‘Convocatoria de Axudas Económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade para Persoas con Discapacidade “Uno a Uno” - Ano 2024-2025 e desenvolverase no marco do  Programa de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza FSE+ 2021-2027(Programa FSE+ de Inclusión) doFondo Social Europeo. “Una Europa más social e inclusiva”. En concreto, co Obxectivo Político 4, Obxectivo Específico h), establecido no Artigo 4 do Regulamento (UE) 1296/2013, relativo a “Fomentar a inclusión activa ó obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación, e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos”.

 

Ir o contido