10ª Carreira pola Diversidade

A Carreira pola Diversidade é un evento deportivo que celebra a diversidade e promove a participación e inclusión de todas as persoas.

Data e ubicación

Celebrarase o 14 de xullo ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira.

Modalidades 5K

Zapatilla absoluta.
Zapatilla inclusiva: persoas con diversidade intelectual, sensorial ou motriz que non se inclúan en ningunha das outras modalidades.
Handbike.
Cadeira de atletismo.

Andaina libre

A Carreira conta cunha modalidade de Andaina que se celebrará paralelamente. Hai opción de inscribirse con ou sen mascota.

Probas infantís

As nenas e nenas de ata 16 anos poderán inscribirse de maneira totalmente gratuíta.

Galardóns e trofeos

Tras rematar a proba infantil repartiranse os premios as persoas galardoadas.

Dorsal 0

Se non podes participar nas probas pero ques colaborar con Ambar podes facelo a través do Dorsal 0, unha cota solidaria.

Inscrición

A cota de inscrición é de 7,50€

#CarreirapolaDiversidade

Etiquetanos ou mencionanos nas túa fotografías. Faite eco da 10ª Carreira pola Diversidade!

Como podo colaborar coa Carreira?

Ademais de inscribíndote hai moitas maneiras de colaborar coa carreira:

Dorsal 0

O Dorsal 0 é unha cota solidario onde ti decides o importe que queres aportar.

Faite voluntaria ou voluntario

Participarás de maneira activa na realización da Carreira. Podes facelo a título persoal ou coa túa empresa ou organización.

Comunica

Apoianos na difusión, comparte entre os teus contactos e en redes que xa está aquí a Carreira pola Diversidade.

Faite empresa colaboradora

A túa empresa será colaborada oficial da Carreira. Poderás cumplir os teus ODS.

Se ques colaborar con nós envíanos un e-mail a comunicacion@asociacionambar.org contándonos como che gustaría facelo.

Unha carreira pioneira

A Carreira pola Diversidade naceu no ano 2015, convertendo á Barbanza nun referente do deporte inclusivo ó ser unha das primeiras probas inclusivas en Galicia. 

A proba supuxo todo un avance, xa que abriu a participación a deportistas en modalidades de Hand Bike” e “Cadeira de Atletismo”, excluídos na maioría das probas en Galicia. 

Posteriormente, no 2018 foi a primeira proba popular que contemplou a categoría “Zapatilla Inclusiva” para todas aquelas persoas con diversidade funcional que non participasen nas categorías de rodas.

A Carreira pola Diversidade é un evento exemplar na promoción de valores de inclusión, logrando así unha comunidade máis comprometida.