Calendario Solidario 2021

O Calendario Solidario é unha iniciativa nacida no 2015 que celebra o cine con valores sociais.

Imos a pola 7ª edición do Calendario Solidario!

7ª Edición

O Calendario Solidario naceu no ano 2015 como unha iniciativa que celebra o cine con valores sociais.

Un calendario de película

Dentro do panorama nacional, o noso calendario é o único que representa carteis de películas, a través dun traballo minucioso de caracterización, vestiario e deseño.

Que a Covid-19 non nos pare!

Aínda que cunha situación excepcional, coidando moito as medidas de seguridade, e recorrendo a portadas máis individuais, non quixemos deixar de realizar a nosa particular edición.

Grazas a ti:

Coa recadación obtida, Ambar adquirirá equipamento informático para traballar de forma individualizada, e facer cesión de uso en períodos de confinamento, para que a estimulación e aprendizaxe non se vexa mermada.

Queres colaborar con nós?

O calendario solidario é posible grazas á colaboración de todas aquelas persoas que creen en nós. Se ti tamén queres aportar o teu gran de área, escríbemos a comunicacion@asociacionambar.org

Portadas do Calendario Solidario 2020