Café con Gastrolab Arousa
Hoxe visitou as nosas instalacións Miguel Mosteiro, cociñeiro e conductor do programa Estache bo! da Televisión de Galicia, e xefe de cociña do espazo gastronómico Gastrolab Arousa. Durante o encontro, compartiu a súa experiencia.
Esta charla enmárcase dentro da formación en Industrias Alimentarias que se está impartindo no Centro de recursos da Asociación Ambar, unha acción formativa financiada pola Fundación ONCE, e polo Fondo Social Europeo, o FSE inviste no teu futuro.
É unha acción enmarcada no obxetivo temático 8: Promover a sostibilidade e acalidade no emprego e favorecer a movilidade laboral. Obxectivo específico 8.2.2 dirixido a reforzar a empregabilidade e as competenzas profesionais das persoas xoves non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.
Á charla asistiu o alumnado da formación sobre industria alimentaria. Tamén estiveron presentes Helena Teira, coordinadora xeral, Jaime Capilla, coordinador da formación, Daniel Tojo, orientador laboral, Irene Paz, mestra da formación e Alicia Romero, secretaria da Asociación Ambar.
O evento rematou cunha rolda de preguntas e un café con charla informal.
Esta é a 1ª xornada do ciclo de conferencias que terá continuidade durante as vindeiras semanas no Centro de Recursos da Asociación Ambar.