Boiro

Boiro é un municipio da comarca da Barbanza, situada na Ría de Arousa. Atópase ó sur da provincia de A Coruña, moi próxima as maiores cidades de Galicia.

Patrimonio marítimo

O gran número de areais e calas de Boiro, constitúen un dos principais atractivos turísticos do municipio. O turismo náutico é un dos pratos fortes que ofrece Boiro ó visitante. O clima e os areais permiten a posibilidade de practicar todo tipo de actividades e deportes náuticos: vela lixeira ou de cruceiro, piragüismo, submarinismo e remo.

Praia Barrana

Praias

A Praia de Barraña é a praia urbana de Boiro. Un areal de augas tranquilas e pendentes suaves que se estende dende o areal do Saltiño ata o estuario do río Coroño, onde se atopa o Pazo de Goiáns. Un paseo marítimo de 3km recorre a praia onde se atopan infraestruturas deportivas e de ocio.

A Praia de Carragueiros é unha extensa praia na parroquia de O Castro, é o areal de moda e cada verán recibe un gran número de bañistas pola calidade da súa area e auga e un conxunto de pedregais e islotes coñecidos como Os Baos. Os campos de cultivo, bosques e a praia serven de refuxio para aves de todo tipo.

Portos

Os dous portos deportivos de Barraña e Marina de Cabo de Cruz atópanse nos extremos da enseada de Boiro, como si foras as puntas dunha pinza de nécora. Ofrecen un amplo programa de actividades náuticas e deportivas.

Cultura Mariñeira

O cultivo de mexillón é pasado y orixe desta vila. Cabo de Cruz é unha pequena vila mariñeira que garda gran parte desta historia. No seu porto conviven o porto pesqueiro co peirao vello, ademais do náutico. Trátase dun do máis antigos da ría.

O castro de Achadizo que está a uns metros do peirao, é un recordo vivo de que a localidade sempre mirou ó mar.

Paseos Marítimos

Ademais do paseo marítimo de Barraña, Boiro conta con máis paseos marítimos e fluviais. O paseo marítimo de Escarabote trátase dun sendeiro con encanto que recorre os acantilados e pequenas calas e praias do pobo pesqueiro, saíndo da zona portuaria ata chegar á zona do Conchido.

Na desembocadura do principal río de Boiro, atópase un dos paraxes naturais máis fermosos y peculiares de la zona. É un varadero natural ideal para pequenas embarcacións. Por aquí cruza a ponte que une Escarabote con Boiro e comeza eo paseo marítimo de Barraña e o fluvial dos Muíños de Ponte Goiáns.

O entorno presenta moitas posibilidades, xa que conta con área recreativa, flora e fauna típica, e parte da historia de Boiro grazas ó Pazo de Goiáns e o seu entorno e ós muíños de auga restaurados.

Historia

Entre os séculos XVI e XVIII construíronse importantes pazos y casonas.

Torre Pazo de Goiáns

A mostra máis significativa destas residencias é a Torre Pazo de Goiáns, situada na desembocadura do río Coroño. Actualmente propiedade municipal. Destaca a imaxe da serea da illa de Sálvora dos Mariño. Conta a lenda que a familia naceu do encontro entre un pescador e unha serea.

A finca está formada polo pazo-torre, a capela, o hórreo, o palmar, a casa dos caseiros, lagares o embarcadoiro e as pesqueiras. A área ten un gran potencial ambiental, ademais dun bosque autóctono con pinos, carballos, castaños e sobreiras, encontramos outras especies centenarias de gran interese.

Outros edificios dignos de mención son O Pazo de Fonteneixe (Boiro), e O Pazo de Agüeiros (parroquia de Abanqueiro), O Pazo de Ribademar (Quinteiro, Cespón) ou a Casa de Vimiero (Boiro). Todos eles de propiedade privada.

Os Castros

Boiro acolle un enorme e interesante legado arqueolóxico, tanto prehistórico como histórico. Fai aproximadamente 2.500 anos, a poboación que habitaba neste territorio deixa de ser itinerante, e aséntanse, e como consecuencia xorden as primeiras aldeas, comunmente coñecidas como castros.

Boiro conserva máis dunha decena, algúns de extraordinario interese como son os Catros de Neixón, que foron declarados ben de interese cultural no 2011, ou o recente Coto do Espiño no lugar de Moimenta e que está sendo obxecto de investigación.

Rutas

No concello existen distintas rutas lineais e circulares que permiten coñecer mellor a localidade.

Boiro facendo camiño

As rutas de Boiro facendo camiño están deseñadas para tódalas idades, cunha extensión de entre 5 y 10 km. y de dificultade baixa; son a maior parte delas, circulares.

Dúas rutas importantes son a de As Mámoas y a Ambiental de Castelo de Vitres: As mámoas gardan a memoria dos antepasados. Ó chegar a este paraxe terás a sensación de que estás nun lugar de descanso.

Finalmente a Ruta Ambiental de Castelo de Vitres consiste nunha ruta que che permitirá partir do núcleo urbano de Boiro, desde o Río Coroño en Brazos, atravesando os montes das parroquias, ata chegar ó alto da Serra da Barbanza. Una ruta de gran beleza paisaxística e riqueza patrimonial.