Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas.
Código do procedemento: TR349F
Onde aparecen publicadas estas medidas estatais?
DOG nº11 do 17 de xaneiro de 2025. Orde do 27 de decembro de 2024.
Ata cando teño de prazo para presentar a miña solicitude?
Dende o 24 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2025.
Cal é a finalidade desta subvención?
A finalidade do programa é favorecer a creación de novos empregos estables e contribuir
ó crecemento de pequenas unidades produtivas con potencialidade para a creación
de emprego, a través da concesión dunha contía fixa que contribúa a que as persoas
autónomas fagan fronte á contratación de persoas traballadoras.
Bono de contratación
Proporcionase unha subvención para a contratación indefinida inicial das persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

Bono de incentivos á formación
Dirixido a formación das persoas traballadoras subvencionadas por medio do programa de bono de contratación.

