Así se fixo ‘As paisaxes de Camille’ Acción artística sobre a loita contra a violencia de xénero no rural
‘As paisaxes de Camille’ é unha acción artística sobre a loita contra a violencia de xénero no rural que explora a contención, a rabia, a delicadeza e a sororidade, atravesando a imaxinaría escultórica e a vida de Camille Claudel con poemas paisaxísticos, coreografías e humor onírico. Esta peza escénica chegou ás localidades da Rúa, A Estrada, O Pino, Noia e Mondoñedo.
Helena Salgueiro, directora artística destacou que a peza foise construíndo en colaboración co elenco, unindo as ideas e aportacións que ían xurdindo ao longo de todo o proceso.
Conchita Mouriño, integrante do grupo de artes escénicas falou da importancia da acción para denunciar a violencia de xénero e “para sentirnos máis libres”.
Zeltia Iglesias, responsables do proxecto e integradora social de Ambar pechou as actuacións facendo fincapé na importancia da superación e que pese “as pedras que nos podemos atopar polo camiño e que algúns camiños non sexan fáciles de transitar vale a pena todo o esforzo se o resultado son paisaxes coma esta”.
Esta acción enmarcase no Pacto do Estado contra a violencia de xénero e está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Making of
Máis info
Se queres colaborar con algún dos nosos proxectos en materia de igualdade ou solicitar máis información sobre o noso grupo de artes escénicas cubre o seguinte formulario.
Erro: Formulario de contacto non atopado.