Andrea Caride, coach internacional visita virtualmente Ambar

Hoxe Andrea Caride, Coach Internacional e Trainer da International Couching Community deu unha ponencia online sobre apoderamento ás persoas que asisten a formación sobre comercio que se estamos impartindo.

Con máis de 15 anos de carreira internacional como asesora legal en empresas de enxeñería, Andrea Caride traballa na actualidade no ámbito do desenvolvemento de talento como coach executiva, coach de equipos e formadora. Tamén é mediadora e trainer no desenvolvemento de habilidades persoais e xestión de conflitos.
Durante a xornada Cáride aportou a súa visión e experiencia e tratáronse temas como os medos e temores, para logo aportar ferramentas para apoderar ás persoas participantes. Tamén houbo unha sesión de dúbidas e preguntas na que as persoas participantes interactuaron coa poñente e intercambiaron opinións e perspectivas.
Á xornada asistiron, ademais dos e das alumnas da formación sobre comercio, Ángeles Sampedro, coordinadora e técnica de emprego; Daniel Tojo, orientador laboral; e Raquel Riveiro, docente da formación.
Esta conferencia é posible grazas á financiación da Fundación Once do programa “Uno a uno” POISES e está cofinanciada pola Fondo Social Europeo. E forma parte dun ciclo de conferencias polo que xa pasaron Micofer, Nexo Infinity, Congalsa, Nosa Arousa, Tragsa, Clece e Covirán.

Logo Fundación Once Uno a Uno