Ambar participa En Comunidade nas diversas accións polo 8M
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, participou nas diversas accións realizadas polo 8M na Comarca, asistindo a actividades que se levaron a cabo en distintos Concellos da Barbanza.
Na mañá do venres 7, un grupo de 17 persoas acudiu ó acto institucional organizado no Concello de Boiro no que se realizou a lectura do manifesto polo 8M.


Cumprindo ca tradición, Ambar e Congalsa volveron a conmemorar o 8M xuntas. Un grupo de mulleres representantes de Ambar visitou as instalacións de Congalsa e levaron un obsequio para todas as traballadoras da corporación.


Nun ámbito máis deportivo, outro grupo de persoas usuarias de Ambar, desprazáronse ata o Concello de Porto do Son, para participar nas Xornadas de Ioga levadas a cabo na Casa da Cultura de Portosín.


No propio Centro de Recursos, realizouse un mural colaborativo, o cal se empregou como photocall para conmemorar o Día Internacional da Mulller e concienciar e visibilizar nun día tan importante como o é o oito de marzo.


Este ano, Ambar tamén está presente na II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira, que terá lugar hoxe ás 20:30h no Centro Cultural Lustres Rivas. Esperanza Silva e Montse Queiruga, dúas artistas con diversidade funcional participantes do obradoiro de arte de Ambar, expuxeron alí as súas obras.




