Ambar lanza a súa nova estratexia de emprego inclusivo, Talentos Diversos, da man do proxecto “iWork”

0 Comentario
531 Vistas

O proxecto “iWork” nace ca fin de promocionar as estratexias de diversidade e inclusión na comarca da Barbanza para traballar de cara á inclusión laboral das persoas con diversidade funcional.

Este proxecto ten como obxectivo trasladar a importancia de contar cunha estratexia de inclusión e diversidade para o crecemento da empresa. Esta estratexia vai máis alá da Responsabilidade Social Empresarial (RSE), como se empeza a ver internacionalmente a través dos medios que se empezan a facer eco desta tendencia empresarial como é o caso de Forbes. Este proxecto innovador en España, está cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Obra Social da Fundación “La Caixa” e o Premio a Proxectos Innovadores Fundación Repsol.

Durante o 2019, as empresas participantes no proxecto iWork beneficiaranse de asesoramento en materia de beneficios de contratación, procesos de selección inclusivos, cultura laboral inclusiva, e traballarase en casos específicos de adaptación de postos e emprego con apoio. As persoas interesadas soamente teñen que inscribirse na xornada de presentación, para poder desfrutar gratuitamente dos beneficios proxecto.

As empresas e axentes de emprego e inserción laboral interesados en participar soamente teñen que enviarnos un correo electrónico a empregoinclusivo@asociacionambar.org ou contactarnos no teléfono 981 874 480


Resultados da V Carreira pola Diversidade

Por quinto ano consecutivo celebramos a V Carreira pola Diversidade!...

Quinta Carreira pola diversidade

V Carreira pola Diversidade

Corre con nós na V Carreira pola Diversidade e axúdanos...