Ambar gaña o primeiro premio da XII edición dos Premios Solidarios Cenor!
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional recibiu este martes o primeiro premio da XII edición dos Premios Solidarios que outorga Cenor Electrodomésticos. O primeiro premio, dotado de 6.000 euros vai para o proxecto ‘Podcast Diversos‘, un proxecto que estará realizado polas persoas usuarias de Ambar para compartir as súas inquedanzas con toda a comunidade, traballando a súa confianza e autoestima.
A entrega dos premios tivo lugar durante una gala celebrada no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, na que a presidenta de Ambar, Milagros Rey, recolleu o galardón e agradeceu este recoñecemento ó xurado que seleccionou o proxecto, e tamén parabenizou a Xanela e Caminando, entidades que tamén conseguiron o premio nesta edición.
O proxecto premiado levarase a cabo no vindeiro ano e estimarase que beneficiará a cerca de 2900 persoas. Indirectamente tamén beneficiará ó público que segue o contido da Asociación a través das redes, unha comunidade formada a día de hoxe por un total de 8.089.
Podcast ‘Diversos’ é o primeiro podcast na nosa comarca e unha iniciativa pioneira en Galicia, onde non existen espacios de comunicación para que as persoas con diversidade poidan de maneira directa expresar as súa inquedanzas nunha plataforma de streaming. O proxecto aposta pola innovación mediante o uso de tecnoloxías avanzadas que faciliten unha experiencia de creación inclusiva personalizada.
Tanto as persoas usuarias como as profesionais de Ambar agradecen a Cenor Electrodomésticos este galardón que dará a oportunidade de pasar a un plano real e práctico un proxecto único, a través do que se habilitará un espazo para entreter, acompañar e transmitir valores sociais.