Ambar formará a persoas con diversidade funcional menores de 30 anos no sector da industria alimentaria e agraria
Ambar formará a 20 persoas menores de 30 anos con diversidade funcional no sector da industria alimentaria e agraria, ambas formación serán gratuítas. A primeira delas ‘Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria’ estímase que comece o vindeiro mes de novembro e remate en abril do 2022.
Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria
Descrición
Esta formación está destinada a ocupación de persoal de almacén, carretilleiro ou carretilleira, auxiliares e operarios da industria alimentaria.
É totalmente gratuita e conta cunha beca de asistencia de 9 euros ó día.
Grupo e requisitos
Máximo 10 persoas
Ter unha idade comprendida entre os 16 e 30 anos
Estar inscrita ou inscrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
Ter unha unha divesidade recoñecida igual ou superior ó 33%
Data, duración e lugar
Data: Estímase que o curso comece en novembro do 2021. Tan pronto se peche a data e os horarios informarase.
Duración: Un total de 340 horas:
- 220 formación teórica
- 120 formación práctica nunha empresa
Lugar: Centro de recursos da Asociación Ambar. Lg Granxa Nº 5. Frións Ribeira
Máis información
Para máis información ponte en contacto con nós a través do seguinte formulario:
Se queres formalizar xa a túa inscrición chamanos directamente ó 981 87 44 80.
Esta formación é posible grazas á financiación da Fundación ONCE concedida na ‘Convocatoria de Axudas económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas Xoves con Discapacidade “Uno a Uno” e enmárcase no Programa de Emprego Xuvenil (POEJ) do Fondo Social Europeo “O FSE inviste no teu futuro.”