Ambar comeza a súa formación ‘Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria’
Hoxe deu comezo nas instalación de Ambar a formación ‘Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria’. Destinada a persoas con diversidade funcional menores de 30 anos, busca mellorar a súa empregabilidade e ten como obxectivos promover a sostibilidade e calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral. Ademais de reforzar as competencias profesionais das persoas xoves non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación e promoción.
A presentación foi encabezada por Milagros Rey, presidenta de Ambar; Ángeles Sampedro, técnica de emprego inclusivo de Ambar e coordinadora do proxecto; Daniel Tojo, orientador laboral de Ambar; e Inés Abad, docente da formación.
A formación totalmente gratuíta está destinada a ocupación de persoal de almacén, carretilleiro ou carretilleira, auxiliares e operarios da industria alimentaria. E contará cunha fase teoría e outra práctica nun posto de traballo en empresa. Ademais conta cunha beca de asistencia de 9 euros ó día na fase teórica e posibilidade de transporte adaptado.
Esta formación é posible grazas á financiación da Fundación ONCE concedida na ‘Convocatoria de Axudas económicas para a Selección de Operacións para o Reforzo da Empregabilidade de Persoas Xoves con Discapacidade “Uno a Uno” e enmárcase no Programa de Emprego Xuvenil (POEJ) do Fondo Social Europeo “O FSE inviste no teu futuro.”