Loading cart contents...
Ambar celebrou a Xornada Edudiversa no seu Centro de Recursos
Este mércores 11 de decembro Ambar celebrou unha Xornada de Edudiversa impartida por Lidia Mariño, facilitadora de inclusión da Asociación Ambar. As Xornadas estaban abertas a toda a comunidade de docentes, facilitadores e orientadores e contou cunha asistencia de 20 persoas.
A xornada formativa de Edudiversa tratou sobre Conceptos básicos, ferramentas e adaptación de materiais. Profundizouse sobre:
- conceptos básicos,
- coñecer medidas de actuación a nivel persoal e académico,
- metodoloxías activas e ferramentas de traballo,
- adaptación de materiais e espazos para un aprendizaxe inclusivo.
As persoas asistentes tiveron oportunidade de coñecer diferentes ferramentas para favorecer a aprendizaxe inclusiva. Profundizouse en conceptos como a lectura facil, linguaxe clara, estratexias de comprensión ou mesmo a organización da aula en base a diverso factores en función do espazo que poidan favorecer a atención da alumna ou alumno.