A Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo financian accións de apoio á inclusión sociolaboral de Ambar

0 Comentario
443 Vistas

A través do programa cofinanciado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo de apoio á inclusión sociolaboral de inclusión e transición ó emprego, Ambar levou a cabo accións de formación laboral co obxectivo de que as persoas con diversidade funcional teñan igualdade de oportunidades e poidan optar a un emprego digno. Por iso, impulsamos accións formativas adaptadas ás necesidades de cada persoa, poñendo á súa disposición ferramentas para adquirir habilidades para unha procura activa de emprego a través de itinerarios personalizados de inserción laboral.

As accións que se levaron a cabo a través deste programa foron a formación en competencias para o emprego e prácticas na empresa ordinaria, ademais de itinerarios de inserción laboral. Trece foron as persoas beneficiadas das accións formativas e de inclusión sociolaboral, e outras tres participaron nos itinerarios laborais, mellorando as súas habilidades para a busca de emprego na comunidade.

Este programa está cofinanciado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo.

Logotipos do Fondo Social Europeo, Xunta de Galicia, Galicia e Xacobeo 2021

Resultados da V Carreira pola Diversidade

Por quinto ano consecutivo celebramos a V Carreira pola Diversidade!...

Quinta Carreira pola diversidade

V Carreira pola Diversidade

Corre con nós na V Carreira pola Diversidade e axúdanos...