A sala Leña Verde de Boiro acolle unha xornada sobre o benestar emocional organizada pola Asociación Ambar

O Centro Social de Boiro converteuse hoxe nun espazo de aprendizaxe e reflexión coa celebración das xornadas “Ferramentas para o benestar”, unha iniciativa impulsada pola Asociación Ambar para as persoas con diversidade funcional.A sesión, que tivo lugar na sala Leña Verde, estivo centrada na xestión emocional e o autocoidado. A psicóloga da asociación, Lola Prego, foi a encargada de impartir o obradoiro, proporcionando ás persoas asistentes claves prácticas e estratexias para mellorar a calidade de vida e o equilibrio psicolóxico no día a día.

A saúde emocional como prioridade

Dende a Asociación Ambar destacaron a gran acollida desta actividade, subliñando que a creación destes espazos de encontro é “máis necesaria ca nunca. A xornada buscou empoderar aos participantes no manexo das súas propias emocións.

Este proxecto foi grazas á financiación da Xunta de Galicia (Consellería de Política Social e Igualdade), ca cofinanciación de fondos europeos.

A Asociación Ambar reafirma así o seu compromiso ca inclusión e o benestar integral do colectivo de persoas con diversidade funcional na comarca da Barbanza, agradecendo a todas as persoas que sumaron a súa presenza nesta xornada de crecemento compartido.