9ª Carreira pola Diversidade

A Asociación Ambar organiza a IX Carreira pola Diversidade que se celebrará o domingo 9 de xullo no Concello de Ribeira. Trátase dunha proba con circuíto urbano que sairá dende a explanada de Coroso, ás 10:00h. 

Paralelamente, as persoas que non queiran participar en ningunha das probas competitivas poderán participar de maneira individual, en familia, entidade ou grupo inclusivo na Andaina que este ano estrea a modalidade con mascotas. A distancia de mesma será de 3,3 km.

Información

Inscríbete aquí 💚

As inscricións realízanse en Cronotec.

Tamén existe a posibilidade de facer a inscrición do Dorsal 0 para todas aquelas persoas que queiran colaborar coa entidade sen participar na carreira.

A data límite de inscrición será o día 5 de xullo ás 23:59 h. ou ata completar o número de participantes permitidos.