40 Aniversario

Este ano estamos de celebración, cumprimos nada máis e nada menos que 40 anos, ao longo deste 2022 iremos desenvolvendo distintas actividades e accións.

Proxectos que conmemoran a nosa traxectoria

Dende 1982, impusando vidas independentes!

Ilustración con liñas e bloques de cor amarelo, ver e azul do 40 aniversario de Ambar. A ilustración está composto polo número 40, polas ambariñas da identidade corporativa e elementos que recordan ao servizo de transporte adaptado, programa de vela, as ventas da vivenda con paois distintas persoas desenvolvendo actividades dos obradoiros ocupacionais, etc.

Que queremos?

Queremos falar alto e claro de todo o que podemos facer: Participar na comunidade, facer deporte, formar parte dun equipo, actuar, bailar, expresarnos, facer actividades de ocio, viaxar, vivir na comunidade, aprender e formarnos, traballar, ter un futuro, ser independentes, ter amizades, ter parella, decidir, comunicarnos, dicir o que nos gusta e o que NON, facernos oír, perder o medo, loitar polos nosos dereitos, ser libres.

Estamos aquí, despois de 40 anos, para seguir mirando un futuro no que todas sexamos libres e independentes.

Fragmento do manifesto do 3 de decembro de 2021, Día das persoas con diversidade funcional

Como podo colaborar?

Se queres colaborar no noso 40 aniversario escríbemos a comunicacion@asociacionambar.org

Únete o noso programa de voluntariado

Participarás de maneira activa nas actividades que desenvolvamos. Podes facelo a título persoal ou coa túa empresa ou organización e practicar o voluntariado corporativo.

Faite empresa colaboradora

A túa empresa será colaborada oficial do noso 40 aniversario. Poderás cumplir os teus ODS e unirte ó movemento das empresas inclusivas.

Fai ruído!

Apoianos na difusión! Da un like, menciona, comparte. Contalle as túas amizades o que estamos facendo.

Participa

E por suposto, participa nas nosas actividades 🙂

A nosa historia

Fitos históricos

1982 – Nace Ambar! para agrupar os esforzos de
loita pola defensa dos dereitos das persoas con
diversidade funcional.

1986 – Levamos a cabo o primeiro censo onde se
visibiliza o número de persoas con diversidade
que necesitan apoio na comarca.

1987 – Creamos una campaña de sensibilización
comarcal de eliminación de barreiras, para
concienciar sobre a falta de acceso a servizos.

1993 – Iniciamos os obradoiros ocupacionais.

1994 – Levamos a cabo o primeiro servizo de
transporte adaptado na Barbanza.

1996 – Ante a falta de formación elemental,
creamos o primeiro programa de alfabetización e
formación na comarca.

2005 – Promovemos a diversidade a través do
cine no certame de curtametraxes “Nada sobre
Nós sen Nós”.

2006 – Visibilizamos a figura do Asistente Persoal
levando a cabo a primeira formación en Galicia
sobre asistencia persoal.

2007 – Creamos o primeiro programa en Galicia
de vela adaptada.

2008 – Poñemos en funcionamento o Centro de
Recursos Ambar en Ribeira.

2014 – Iniciamos o programa pioneiro en Galicia
de vivenda con apoio “Vivindo na Comunidade”.

2015 – Iniciamos a “Carreira pola Diversidade”,
primeira carreira inclusiva na comarca.

2019 – Nace o proxecto “iWork de emprego
inclusivo”, pioneiro en toda España.

2020 – Nace o programa de educación inclusiva
“EduDiversa”.

Se queres colaborar no noso 40 aniversario escríbemos a comunicacion@asociacionambar.org