10 Tips para unha vida activa e saudable
1. Realiza exercicio ou actividade física diaria ó aire libre
Xogar, andar en bici, pasear… O tempo mínimo recomendado son 60 minutos.
2. Socializa 🙂
Pasa tempo con outras persoas: familiares, amizades… Fala, rite e comparte!
3. Reduce o tempo que pasas coa consola, ordenador, tablet ou televisión.
Poden afectar á túa vista.
4. Estimula o teu cerebro
Facer manualidades, ler, tocar algún instrumento… axudarache a desenvolver a túa creatividade e mellorar a concentración!
5. Prioriza o consumo de comida e produtos da casa
E evita a comida ultraprocesada e os doces industriais.
6. Coida a túa postura
Senta ben na cadeira, abrocha ben a túa mochila, non dobres as costas para escribir.
7. Non descoides a túa hixiene corporal
Fai exercicio coa roupa e calzado axeitados, dúchate ou cambia de camiseta despois de suar, lava as mans antes de comer…
8. Durme entre 10 e 11 horas ó día
É importante descansar corpo e mente para poder estar a tope! .
9. Mantén un estilo de vida activo
Emprega as escaleiras en vez do ascensor, para desprazamentos pequenos usa a bici ou vai camiñando… O corpo humano foi deseñado para estar en movemento!
10. Participa na VII Carreira pola Diversidade
Unha maneira de estar activo e colaborar co deporte inclusivo.