10 Tips para o traballo co alumnado con dislexia
1. Regras mnemotécnicas
Potenciar un uso máis eficiente da memoria, mediante o emprego de regras mnemotécnicas persoais, como por exemplo: Adiantamento Temerario, Garda Civil (as bases que constitúen o ADN: adenina, timina, guanina e citosina), e/ou carteis e notas de cores.

2. Autocoñecemento
Favorecer o autocoñecemento da nena ou neno, especialmente no relativo á dislexia: que é, como lle pode afectar e que pode facer a mestra ou mestre para prestarlle apoio.

3. Reforzo positivo
Planificar algunha tarefa ou actividade na que destaque, proporcionándolle recoñecemento público, reforzo positivo.

4. O tipo de letra
Para facilitar a lectura, empregar un tipo de letra axeitado, como Sarakanda ou Arial, de tamaño 12 mínimo e interliñado 1,5 ou 2.

5. O lugar de colocación
Que o alumno ou alumna se coloque nun lugar no que poida recibir a maior cantidade de información de forma correcta.

6. Non dar resultados
Non dar os resultados das cualificacións en voz alta.

7. Evitar a copia
Evitar a copia innecesaria dos enunciados dos exercicios.

8. Antelación
No caso de practicar lecturas en voz alta, proporcionarllas con suficiente antelación para que as poida preparar.

9. Tempo
Darlle todo o tempo necesario para a finalización de tarefas.

10. Traballar co ordenador
Contemplar a posibilidade de que poida realizar os traballados de expresión escrita con ordenador.
