Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Vivenda con apoio

Vivenda con apoio

A asociación AMBAR ten en funcionamento o proxecto Vivindo na comunidade, consistente nunha vivenda con capacidade para 5 persoas con diversidade funcional, que serve de ponte á vida autónoma e independente, permitindo a estas persoas adquirir coñecementos e destrezas para a súa inclusión na comunidade e para evitar o seu illamento ou separación desta, posibilitando a utilización dunha variedade de axudas técnicas e un programa habilitador, favorecendo a autonomía persoal necesaria para poder realizar unha vida independente, dentro do seu propio domicilio, incluídos na comunidade, aínda cando falten os pais ou coidadores habituais,

Esta necesidade aborda en concordancia co artigo 19 da Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con discapacidade: Dereito a vivir de forma independente e a ser incluído na comunidade.

A finalidade deste proxecto é posibilitar que as persoas con diversidade funcional poidan residir dentro da súa comunidade cando se produzan situacións de emerxencia familiar que lle impidan tanto ós pais, como ós coidadores habituais prestar as atencións e apoios necesarios para a vida diaria dentro do seo familiar, evitando así o internamento en macrocentros fóra da localidade de orixe, producindo un desarraigo do seu ámbito natural. Así mesmo preténdese que a vivenda sirva de instrumento a través do cal as persoas con diversidade funcional intelectual adquiran a autonomía persoal necesaria para a vida a vida autónoma e comunitaria.

Esta iniciativa conta coa colaboración do Concello de Ribeira, xa que cedeu a AMBAR unha vivenda accesible para poder desenvolver o proxecto.