Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Programa de vela para todos

Subindo ao barco

VELA PARA TODOS é un proxecto que posibilita que as persoas con diversidade funcional poidan realizar actividades náuticas de modo inclusivo nun contexto lúdico e deportivo, procurando a visibilización e participación social, que contribúa a cambiar as percepcións propias e alleas no seo da comunidade.

Logotipo do programa Vela para todos

Dende a Asociación AMBAR preténdese contribuír a desmontar prexuízos como que a navegación a vela é unha actividade e deporte que as persoas con algún tipo de diversidade funcional non poden practicar, posibilitando que persoas de calquera idade e diversidade funcional teñan acceso á actividade da vela dunha maneira fácil, recreativa e económica, navegando nun entorno seguro, didáctico e normalizado.

O programa vense desenvolvendo regularmente tódolos sábados, mañá e tarde no club Náutico de Ribeira dende o verán de 2007