Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Servizo de transporte adaptado

Furgoneta adaptada

AMBAR dispón de 8 furgonetas, 5 delas adaptadas para o transporte de persoas con mobilidade reducida. Diariamente realizamos o transporte dos usuarios do Centro Ocupacional e de Día ás instalacións de Frións. Ademáis atendemos a demanda de socios e persoas con mobilidade reducida que necesitan cubrir as súas necesidades de transporte dentro da zona xeográfica da comarca da Barbanza.

Os vehículos de AMBAR realizaron no ano 2009, 146.308 km, no ano 2010 realizáronse un total de 135.536 km e durante o 2011 un total de 144.971 km. A lectura destes datos reflicten unha diminución significativa na rodaxe, que vai en consonancia coa posta en funcionamento na comarca do transporte 065, que restou usuarios ó servicio de transporte adaptado da entidade. Aínda que no 2011, co incremento de novos usuarios, volveu a equipararse a quilometraxe anual realizado á do ano 2009.