Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Traballa con AMBAR

O equipo de funcionamento da asociación está composto pola xunta directiva, o equipo de profesionais, o grupo de colaboradores expertos en distintas materias e os voluntarios. Todos eles traballan para contribuír á misión de AMBAR e a consecución dos seus obxectivos.

Persoal laboral

Se queres desenvolver a túa carreira profesional connosco, convidámoste a coñecer as oportunidades de traballo dispoñibles neste momento:

Neste momento non hai ofertas de emprego dispoñibles

Non dubides en enviarnos o teu CV e incluiremos o teu perfil na nosa base de datos para futuros procesos de selección.

Colaboradores expertos

Se queres compartir os teus coñecementos, a túa experiencia ou realizar o teu proxecto nalgún campo relacionado coa misión de AMBAR e no quefacer da entidade poderías colaborar connosco, envíanos os teus datos.

Voluntarios

O voluntariado foi e é un importante activo na actividade de AMBAR desde 1982. A asociación serve como plataforma de oportunidades a persoas voluntarias que queiran coñecer o noso labor e participando nos proxectos. Procuramos a formación e garantías necesarias para a adecuada incorporación á actividade. Se estás interesado en colaborar na misión de AMBAR, envíanos os teus datos.

Contacta connosco: correo@asociacionambar.org