Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Teatro – Grupo Artellar

Teatro – Grupo Artellar

O grupo de Teatro ARTELLAR de AMBAR, nace no 2011, para dar saída ás inquedanzas artísticas e ás habilidades teatrais dun grupo de persoas con Diversidade Funcional e consolídase como grupo de teatro con identidade propia no 2012.

Formado por 14 actores e actrices e dúas directoras, o grupo de Teatro ARTELLAR de AMBAR, leva tras de si o apoio e participación de tódolos membros da Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional.

Con este proxecto, dende esta asociación, preténdese unha vez máis, unir as potencialidades das persoas con Diversidade Funcional e “artellalas” de maneira que permita obter obras de calidade que cheguen á alma do público e aumenten e diversifiquen a oferta cultural da comarca.

No seu curto percorrido o grupo xa leva ás súas costas o terceiro premio no concurso nacional de proxectos de seguridade viaria organizado pola Dirección Xeral de Tráfico, e actuacións en distintos escenarios, dende auditorios da comarca ata o Auditorio de Galicia, así como por máis dunha ducia de centros educativos da comarca e arredores.

Velaquí algúns exemplos das nosas obras: