Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Taller de arte insólita

Actividade do taller

O Taller de Arte Insólita (TAI), que desde 2005 funciona en AMBAR, produce e colabora na realización de pezas, instalacións e intervencións de diversa especie.

As obras do TAI son ideadas, proxectadas, elaboradas, instaladas e expostas por xente de AMBAR, unhas veces en compañía de grupos ou persoas colaboradoras e noutras .ocasións axudando na realización de obras alleas. No TAI, as obras importan, pero máis importa aquelo que xorde da experiencia e o labor de persoas con diversidade funcional cooperando con outras persoas sen diversidade funcional.

A vía metodolóxica que percorren todas as obras é simple: unha idea orixinal que vai pasando a través das percepcións e habilidades dunha variedade de intervenientes, que participan no seu desenvolvemento e consumación. Mediante un proceso de re-interpretación e aplicación directa do libre albedrío e das sensibilidades artísticas innatas en cada un dos participantes, a obra vai asumindo as características e matices que van dar lugar á súa solución final, achegándolle a súa singularidade e carácter, en certa medida emancipada das percepcións e resolucións individuais, para ser unha auténtica obra comunal.

O Taller de Arte Insólita, coa cooperación e participación de numerosas persoas (algunhas mesmo sen sabelo), realizou durante os pasado anos as seguintes obras: