Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Servizos

Servizos AMBAR

A Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional é promotora e administradora dos Servizos de Centro de Día e Centro Ocupacional AMBAR, sitos en Ribeira, e que ten como obxectivo de cubrir as necesidades básicas dun importante número de persoas con diversidade funcional intelectual da comarca do Barbanza.

Centro ocupacional AMBAR

Beatriz Mato e Coro Piñeiro compartindo as actividades do centro

O servizo de Centro Ocupacional, funcionando dende o ano 1993 conta actualmente con 45 prazas para persoas con diversidade funcional intelectual en idade laboral. O noso número de rexistro é: E-0089.

O servizo de Centro Ocupacional está acreditado co certificado de calidade ISO 9001, con número de certificación ES030407, outorgado pola certificadora Bureau Veritas.

Entre os obxectivos do Centro Ocupacional AMBAR atópanse:

Centro de día AMBAR

Usurios do centro de día

No 2009 iniciouse a actividade do servizo de Centro de Día, co fin de aportar os apoios suficientes as persoas con discapacidade intelectual cuxas necesidades asistenciais requiren de maior extensión e intensidade que as posibilitadas polo modelo de centro ocupacional. Dispoñendo así da atención importante e continuada que precisan, nun recurso adecuado.

O servizo de Centro de Día conta actualmente con 20 prazas para persoas con diversidade funcional intelectual con necesidades de apoio extenso ou xeneralizado. O noso número de rexistro é: E-0089/003.

OIGO

Oficina da OIGO

Oficina para a Igualdade de Oportunidades das Persoas con Diversidade Funcional-OIGO

A OIGO traballa para fomentar a igualdade de oportunidades e non discriminación das persoas con diversidade funcional, desenvolvendo as súas accións dende o marco conceptual do Modelo Social da Diversidade Funcional, así como a Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos Humanos das Persoas Con Discapacidade. Entre as actividades que se desenrolan destacan:

Vivenda con apoio

Vivenda con apoio

A asociación AMBAR ten en funcionamento o proxecto Vivindo na comunidade, consistente nunha vivenda con capacidade para 5 persoas con diversidade funcional, que serve de ponte á vida autónoma e independente, permitindo a estas persoas adquirir coñecementos e destrezas para a súa inclusión na comunidade e para evitar o seu illamento ou separación desta, posibilitando a utilización dunha variedade de axudas técnicas e un programa habilitador, favorecendo a autonomía persoal necesaria para poder realizar unha vida independente, dentro do seu propio domicilio, incluídos na comu

Servizo de transporte adaptado

Furgoneta adaptada

AMBAR dispón de 8 furgonetas, 5 delas adaptadas para o transporte de persoas con mobilidade reducida. Diariamente realizamos o transporte dos usuarios do Centro Ocupacional e de Día ás instalacións de Frións. Ademáis atendemos a demanda de socios e persoas con mobilidade reducida que necesitan cubrir as súas necesidades de transporte dentro da zona xeográfica da comarca da Barbanza.