Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Quen somos?

Directiva de AMBAR

A asociación AMBAR das persoas con diversidade funcional é unha Entidade de ámbito comarcal, Sen Ánimo de Lucro e declarada de Utilidade Pública. AMBAR conta cun grupo social de máis de 1.100 persoas e foi fundada no ano 1982 coa razón social de “Asociación de Minusválidos da Barbanza”, coa finalidade principal da integración e mellora da calidade de vida das Persoas con Diversidade Funcional (discapacidade) de calquera natureza.

Na actualidade, AMBAR apoia e presta servizos a Persoas con Diversidade Funcional e ás súas familias nos concellos de Pobra, Ribeira, Rianxo, Boiro, Porto do Son, e tamén de outros concellos próximos, colaborando coas entidades publicas e privadas que participan na intermediación da Persoas con Diversidade Funcional e a súa participación económica e social.

A constitución de AMBAR e a paciente labor realizada contribuíu á difusión das problemáticas e á unión das Persoas con Diversidade Funcional e das familias concernidas, xerando a capacidade de pór en marcha iniciativas reivindicativas conxuntas e novos servizos comunitarios.

A nosa entidade está integrada nas organizacións do movemento asociativo de diversidade funcional de ámbito provincial e autonómico, formando parte da Federación Provincial de A Coruña e da Confederación Galega COGAMI, constituíndo xunto con outras entidades unha rede de ámbito autonómico que ofrece servizos a cerca de 160.000 persoas con diversidade funcional.

A asociación AMBAR figura inscrita nos rexistros administrativos seguintes: Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio de Sanidad y Seguridad Social co nº : 1456 o día 6-12-1982; Rexistro da Xunta de Galicia como entidade de iniciativa social co nº: 115–CO–055–F-00; Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia como entidade prestadora de servizos sociais co nº: 089 - CO - 044 - F – 00; Rexistros de Entidades prestadoras de Servizos Sociais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar: área de Familia e Muller: F-01828; Rexistro Provincial de Asociacións da Consellería de Xustiza co nº 1982/001201-1 (AC); Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar: área de Discapacidades co nº VP-0089.

En: