Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Proxectos

Concurso de fotografía "Viviendo en la comunidad"

Logotipo del concurso Viviendo en la comunidad

Concurso de fotografía sobre el Derecho a vivir de forma
independiente y a ser incluido en la comunidad.

Fallados os premios "Viviendo en la comunidad" 2012

O Xurado, integrado por Reyes Noya, Suso Souto, Carmela Queijeiro, Lucía Romaní e Martín Casanova, acordaron por unanimidade outorgar os seguientes premios:

  • Primeiro premio: "Tambores para a igualdade", de Valentín Vadillo.
  • Segundo premio: "Enlazadas", de Felipe Juárez.

Certame de curtametraxes Nada sobre nós sen nós

Cartel do certame Certame de curtametraxes Nada sobre nós sen nós

En 2005 en AMBAR iniciamos unha nova vía de acción de cara a sensibilización social, no eido das persoas con diversidade funcional, poñendo en marcha o certame de curtametraxes “NADA SOBRE NÓS SEN NÓS”, que promovemos e organizamos encadrado nas Xornadas do Audiovisual do Concello de Boiro. A temática do certame é o achegamento ó fenómeno social da diversidade funcional como unha cuestión de dereitos humanos.

Taller de arte insólita

Actividade do taller

O Taller de Arte Insólita (TAI), que desde 2005 funciona en AMBAR, produce e colabora na realización de pezas, instalacións e intervencións de diversa especie.

As obras do TAI son ideadas, proxectadas, elaboradas, instaladas e expostas por xente de AMBAR, unhas veces en compañía de grupos ou persoas colaboradoras e noutras .ocasións axudando na realización de obras alleas. No TAI, as obras importan, pero máis importa aquelo que xorde da experiencia e o labor de persoas con diversidade funcional cooperando con outras persoas sen diversidade funcional.