Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Programas

Programa de Emprego con Apoio

Unión Europea- Conselleria de industria

Desde a asociación AMBAR impulsamos unha nova área de emprego que fomenta a inclusión laboral das persoas con diversidade funcional. Este programa está cofinanciado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

Teatro – Grupo Artellar

Teatro – Grupo Artellar

O grupo de Teatro ARTELLAR de AMBAR, nace no 2011, para dar saída ás inquedanzas artísticas e ás habilidades teatrais dun grupo de persoas con Diversidade Funcional e consolídase como grupo de teatro con identidade propia no 2012.

Formado por 14 actores e actrices e dúas directoras, o grupo de Teatro ARTELLAR de AMBAR, leva tras de si o apoio e participación de tódolos membros da Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional.

Programa Operativo Emprego Xuvenil

O servizo de OIGO (Oficina para a Igualdade de Oportunidades) seguirá desenvolvendo actuacións encamiñadas ó empoderamento das persoas con diversidade funcional, fixando como obxectivos:

Empoderamento para mulleres

Unión Europea- Secretaría Xeral da Igualdade

“Programa integral de empoderamento e autoxestión para mulleres con discapacidade intelectual non ámbito rural”

Proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade, dende Xaneiro ata Setembro do 2016.

Intervencións en distintos ámbitos vitais de 10 mulleres en risco de exclusión social, para potenciar as súas competencias e desenvolver habilidades que lle faciliten a inclusión social, a participación normalizada na comunidade e o desenvolvemento persoal.

Programa de vela para todos

Subindo ao barco

VELA PARA TODOS é un proxecto que posibilita que as persoas con diversidade funcional poidan realizar actividades náuticas de modo inclusivo nun contexto lúdico e deportivo, procurando a visibilización e participación social, que contribúa a cambiar as percepcións propias e alleas no seo da comunidade.

Programa de respiro familiar

Actividade do programa de respiro familiar

Dentro dos programas que leva a cabo a Asociación, inclúese o Programa de Respiro Familiar, o cal xurdeu pola demanda das familias dos usuarios dos servizos de Centro Ocupacional e Centro de Día, dun servizo de respiro familiar que permitise alixeirar a tensión, o stress, a monotonía e o sedentarismo que padecen as persoas con diversidade funcional intelectual de forma diaria e especialm

Programa de ocio e tempo libre

Na praia

Tendo en conta a importancia que ten o tempo de lecer no desenvolvemento das persoas e dada a escasa participación social das persoas con diversidade funcional e os escasos recursos de ocio existentes para este grupo de persoas, estimamos necesaria a realización dunha serie de actuacións ó longo de todo o ano que promovan actividades de ocio dentro da nosa comunidade.

Campañas de difusión da convención

Difundindo a Convención na rúa

Convencidos de que A Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con disCapacidade é un logro importante para as persoas con diversidade funcional, sobre todo para lograr a visibilidade deste grupo de cidadáns dentro do sistema de protección dos dereitos humanos de Nacións Unidas, así como o tratamento da diversidade funcional como unha cuestión de dereitos humanos, e poder contar cunha ferramenta xurídica vinculante á hora de facer valer os dereitos destas persoas, AMBAR puxo en marcha unha serie de accións encamiñadas: