Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Programa de Emprego con Apoio

Unión Europea- Conselleria de industria

Desde a asociación AMBAR impulsamos unha nova área de emprego que fomenta a inclusión laboral das persoas con diversidade funcional. Este programa está cofinanciado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e polo Fondo Social Europeo.

O obxectivo principal é promover a igualdade de oportunidades e non discriminación das Persoas con Diversidade Funcional no ámbito laboral a través de accións formativas e de apoio para levar a cabo unha actividade laboral normalizada. O emprego con apoio é un traballo integrado na comunidade dentro das empresas normalizadas, para persoas con Diversidade que non tiveron a posibilidade de acceso ó mercado laboral, mediante a provisión dos apoios necesarios dentro e fóra do traballo, ó longo de toda a súa vida laboral, e nunhas condicións de igualdade a outro traballador sen Diversidade nun posto similar da mesma empresa.

Para isto, as accións que a Asociación AMBAR leva a cabo neste proxecto son as seguintes:

  • Creación dun Itinerario Personalizado de Inclusión Laboral.
  • Orientación e procura de accións formativas.
  • Prácticas de traballo en empresas normalizadas co apoio dun titor.
  • Procura activa de emprego
  • Adaptación do posto de traballo.
  • Seguimento e apoio no posto de traballo.

Subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servicios comunitarios e inclusión social - Consellería de Política Social

Operación cofinanciada pola Unión Europea
PO Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020