Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Produtos solidarios

Nos talleres do Centro de Recursos (centro ocupacional e de día) elaboramos artesanalmente diversos productos que posteriormente poñemos á venda co fin de manter os materiais que se utilizan nos distintos talleres e repoñer novas materias primas, ademáis de poder acadar outras actividades que non supoñan un coste adicional a entidade.

Os productos elaborados no Centro de Recursos encóntranse á venda no propio Centro ou ben por encargo. Durante todo o ano elabóranse productos, sendo algúns específicos á época do ano (nadal, pascua,...). Tamén, previo encargo realizamos agasallos para vodas e outros eventos. Pídenos información sen compromiso.

A variedade de produtos que podedes encontrar en AMBAR, son:

Encadernación

Restauración, elaboración e creación artesanal (cosido a man): encadernado de libros, libretas, axendas, cadernos… Ver os produtos

  • Axendas-dietario anual
  • Libriños
  • Cadernos

Complementos

Elaboración, creación e deseño de bixutería: Ver os produtos

  • Colares
  • Pulseiras de abelorios e chapas
  • Broches
  • Pendentes
  • Diademas
  • Colgantes

Cestería

Elaboración, creación e deseño de pezas de vimbio empregando diferentes cores e bases: Ver os produtos

  • Cestos de todos os tamaños e formas
  • Cestas para agasallos vodas
  • Cestas para agasallos recén nacidos
  • Salvamanteis
  • Pousavasos

Artesanía con Nós

Elaboración e creación de nós con diferentes tipos de cordón: Ver os produtos

  • Chaveiros
  • Cadros de nós mariñeiros

Bandexas

Elaboración de pezas decorativas utilizando cristal e a técnica de reciclado de servilletas: Ver os produtos

  • Bandexas de cristal decoradas (varios tamaños)

Telas

Creación de complementos con diferentes telas e elementos decorativos: Ver os produtos

  • Bolsos
  • Carteiras
  • Mochilas
  • Bolsas (varios tamaños)

Campañas extraordinarias

Ver os produtos

  • Nadal
  • Día dos namorados
  • Pascua

Outros Produtos

Ver os produtos

  • Obxectos decorativos
  • Obxectos fogar

Catálogo de productos solidarios