Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

OIGO

Oficina da OIGO

Oficina para a Igualdade de Oportunidades das Persoas con Diversidade Funcional-OIGO

A OIGO traballa para fomentar a igualdade de oportunidades e non discriminación das persoas con diversidade funcional, desenvolvendo as súas accións dende o marco conceptual do Modelo Social da Diversidade Funcional, así como a Convención de Nacións Unidas sobre os Dereitos Humanos das Persoas Con Discapacidade. Entre as actividades que se desenrolan destacan:

  • Apoio e información: Xestionamos axuda, acompañamento e tramitación en problemáticas ou necesidades específicas de integración educativa, familiar; tamén ante organismos públicos e privados, a información pode ser ben por correo, telefonicamente ou persoalmente nas oficinas de AMBAR.
  • Charlas, reunións e encontros familiares.
  • Grupo de axuda mutua: participado por familias de persoas con diversidade funcional intelectual vinculadas ao centro ocupacional, que ten a finalidade de impulsar fórmulas habitacionais comunitarias na nosa comarca, buscando apoios para dotar dos recursos adecuados ás necesidades asistenciais das familias implicadas.
  • Formación: Procuramos o necesario para a planificación e organización de todo tipo de cursos para persoas con diversidade funcional: presenciais, a distancia, ocupacionais, prelaborais, técnicos, para adultos, etc...
  • Actividades de sensibilización: Orientamos sobre prevención, diversidade funcional, voluntariado, socialización da diversidade funcional, apoio, protección xurídica das persoas con diversidade funcional, saúde e hábitos domésticos, nutrición, cambios posturais, etc... Accións de divulgación, participación en feiras e exposicións, en medios de comunicación, difusión activa e outras actividades de sensibilización e documentos informativos.