Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Noticias

Servizo de Silla Anfibia no Son

O Concello de Porto do Son pon en funcionamento o servizo da silla anfibia na praia urbana, deste xeito van tratar de coñocer a demanda que ten o mesmo, e así poder planificar no vindeiro ano o servizo conforme á demanda

Servizo de Silla Anfibia

Horarios

  • Venres: das 16:00 ás 20:00 h
  • Sábados e domingos: das 12:00 ás 20:00 h
  • Resto da semana: previa solicitude

Unha gran noite de apoios solidarios e ánimo festivo

Os barbanzáns mostraron a súa cara máis solidaria apoiando a labor de AMBAR. Preto de trescentas persoas asistiron ao Festival Solidarios, promovido pola entidade no auditorio municipal de Ribeira. Durante máis de dúas horas, os artistas conducidos por un xenial Quico Cadaval, subiron ao escenario para animar unha velada inesquecible.

«Alguén con diversidade funcional non pide esmola, senón dereitos»

Rei di que a historia dá entidade que preside é de loita día a día.

Milagros Rey xunto ao cartel que anuncia o 30 aniversario de AMBAR

O medo ao diferente está aí. Existe. E aparece moitas veces. Pero, conforme se ten, tamén pode perderse. E é marabilloso cando se esfuma, porque así un dáse conta da diversidade da vida. Quizais esa sexa unha das máis importantes leccións que se sacan con só visitar unha vez o centro de Ambar en Ribeira onde, como na vida, a variedade existe. Esa aprendizaxe faise máis profunda cando un conversa con Milagros Rey, a presidenta dese colectivo, que no 2012 celebra tres décadas loitando polos dereitos das persoas con diversidade funcional. A conversa empeza polo principio, por como xurdiu iso que se chama Ambar...

Ambar cumpriu as súas expectativas de solidariedade

O público abarrotou o auditorio de Ribeira para apoiar o festival benéfico enmarcado no trinta aniversario da asociación

Durante o festival

Milagros Rei, presidenta da asociación Ambar, non tiña palabras suficientes onte pola mañá para agradecer o éxito cultivado no festival solidario celebrado o venres pola noite. De momento aínda non poden dar unha cifra exacta do recadado, pero, aínda así, é clara: «Cumprimos as expectativas de solidariedade. Estivemos moi acompañados, moito». O auditorio de Santa Uxía, onde se celebrou o acto, estaba cheo. Durante toda a noite recibiron numerosas felicitacións por parte da xente. Certamente, o espectáculo gustou.

Inaugurou a velada o grupo de teatro de Ambar. Tamén eles presentaron ao gran Quico Cadaval. «Quico é un mestre, grande entre os nosos grandes, merecedor de todo o noso agradecemento», explica Milagros . A pesar de que na cita había postas moitas expectativas e non faltaron os nervios propios dunha estrea, a presidente da asociación organizadora asegura que «parte da nosa tranquilidade residía na presenza de Cadaval, que o levou estupendamente». Conquistou a nenos e tamén a maiores.

A solidariedade ten moitos rostros en Barbanza

Quico Cadaval, Tonhito de Poi e José Antonio Nóvoa

O festival de Ambar foi un éxito por varios motivos. Sobre todo dous. Primeiro, o esforzo organizativo da entidade. Segundo, a presenza de todos aqueles que quixeron apoiar á asociación: tanto os que se sentaron nas butacas, tras comprar o caderno conmemorativo dos trinta anos de vida da entidade, como todos e cada un dos que se subiron ao escenario. Eles son os rostros da solidariedade. O grupo de teatro municipal e o da asociación, Xosema Esperante, Teté García, Sonia Levedynski, Roi Casal, todos os compoñentes de Vai de Roda., Tonhito de Poi... Non deixaron de chegar os aplausos tras as diferentes intervencións, fiadas por Quico Cadaval. O cheo foi total, en canto a asistencia e en canto a satisfacción, segundo recoñeceu Milagros Rei, presidenta de Ambar. Foron horas de «ambiente cordial», de felicitacións. A mellor proba de que, nuns e outros, foi calando o traballo realizado pola asociación durante estas tres décadas. A toda esa traxectoria lle dedicou emotivas palabras unha das socias, Luisa Crugeiras.

Páxinas