Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Noticias

BASES DO XVII CONCURSO DE DEBUXO DE NADAL

Organizado pola Asociación AMBAR das persoas con Diversidade Funcional e o Centro Sociocomunitario de Pobra do Caramiñal
PRIMEIRA. Obxecto do concurso
Fomentar a creatividade das persoas con diversidade funcional e facer difusión das obras dos autores. O debuxo reflectirá o espírito do Nadal segundo a interpretación libre e orixinal dos autores.

A Fundación Diversia aposta polos dereitos e a calidade de vida na comarca da Barbanza

O pasado día 9 de agosto, o auditorio do Instituto Social da Mariña en Ribeira acolleu a unhas setenta persoas participantes na xornada de estudo e divulgación sobre dereitos, calidade de vida e protección xurídica das persoas con diversidade funcional organizada pola fundación Diversia en colaboración coa asociación AMBAR e a fundación Aequitas.

I Xornada Fundación Diversia

DEREITOS, CALIDADE DE VIDA, E PROTECCIÓN XURÍDICA DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

PROGRAMA
09.00 h. Rexistro inscritos.
09.30h. Inauguración: MILAGROS REY, Presidenta da Fundación e MANUEL RUIZ, Alcalde de Ribeira.

09.45 h. Prácticas de Interdependencia. Como realizar a Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. JOSÉ ANTONIO NÓVOA. Promotor Social. Experto do Instituto Diversidade e Inclusión en Vida Independente.

OFERTA DE EMPREGO

Necesítase docente para o primeiro módulo do certificado profesional de ATENCIÓN SOCIOSANITARIA a persoas no domicilio

A Comunidade de Montes de Baroña e AMBAR asinan un convenio

O venres 21 de marzo, coincidindo co día da árbore a Asociación AMBAR das Persoas con Diversidade Funcional e a Comunidade de Montes de Baroña, asinaron un convenio de colaboración na Sede da Comunidade de Montes.

AMBAR REALIZA O SEU PRIMEIRO CALENDARIO SOLIDARIO

A Asociación AMBAR presentou a principios de mes o seu primeiro calendario solidario para 2014, protagonizado polos usuarios do centro ocupacional e de día e a orquesta Panorama, recreando os pasos da orquesta dende o inicio dunha actuación, ata o fin.

Pódese adquirir chamando por teléfono ó 981 832 905 ou contactando no mail: correo@asociacionambar.org, nos seguintes formatos e prezos:

- Calendario de parede: 5 €
- Calendario de sobremesa: 2 €

BO NADAL

Todo o equipo profesional e Xunta Directiva de AMBAR, desexámoslles unhas felices festas e un 2014 cheo de diversidade.

MANIFESTO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

MANIFESTO 3 DE DECEMBRO DE 2013, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

AMBAR é unha asociación “de e para” as persoas con diversidade funcional que avoga e promove os intereses de máis de mil persoas que viven na comarca do Barbanza, dando e recibindo solidariedade dos cidadáns, comprometida coa comunidade e facendo conciencia sobre os asuntos que máis preocupan.

Bases do XVI concurso de debuxos de nadal

BASES DO XVI CONCURSO DE DEBUXO DE NADAL

Organizado pola Asociación AMBAR das persoas con Diverdade Funcional e
o Centro Sociocomunitario de Pobra do Caramiñal

Páxinas