Close

Aínda sen conta?Rexístrate nun momento.

lock and key

Entra na túa conta.

Account Login

Romaría pola Diversidade

Cartel Romaría pola Diversidade

Ver a programación da Romaría

A iniciativa impulsada pola Asociación AMBAR, e nacida da colaboración de varias organizacións de interese social, cultural e deportivo, elabora unha proposta lúdica e reivindicativa para o 5 de xullo en Ribeira

A romaría pretende concienciar sobre a diversidade como feito natural e valor positivo para a comunidade. É froito dun percorrido de cooperación entre entidades de acción social, como a Fundación Diversia, o Clube Acciona, o Instituto Diversidade e Inclusión, a Asociación AMBAR, e que conta coa colaboración do Concello de Ribeira, que prepararon para o próximo 5 de xullo unha xornada lúdica e reivindicativa que tratará de unir a todas as persoas que pensan que os valores de diversidade, inclusión e sustentabilidade son factores crave para xerar unha contorna comunitaria amigable, innovadora e creativa, dunha superior calidade social para todas as persoas.

A xornada arrincará cun acto inaugural de carácter deportivo e inclusivo, a "Carreira pola Diversidade", aberta a todos os públicos, que comezará ás 10:30 e transcorrerá por un percorrido urbano que partirá dende a zona de Coroso e o dique de Ribeira.

Baixo a lema “Diversidade-Inclusión-Sustentabilidade” preparáronse para o 5 xullo na área de Coroso varios espazos distintos de acción. Por unha banda o “Agra dos xogos” ofrecerá ao longo da xornada xogos populares e talleres para todas as idades, coa participación a partir das 12:00 da comparsa de cabezudos Flor de Toxo.

Na praia de Coroso situarase o espazo “Agra das Artes”, onde se desenvolverá unha acción artística efémera de land-art. Tamén se poderán levar un recordo inmortalizado participando na acción "retratos solidarios a 1€", do colectivo Arte Barbanza ou asistir á construción dun voo sen motor nun improvisado taller da Confraría da Dorna.

Como en toda romaría que se prece haberá un xantar campestre, que permitirá a ocasión de compartir viandas en compañía.

Durante toda a xornada haberá algarabía garantida a cargo de varios grupos e intérpretes ao ritmo de sons desenchufados, é dicir, sen instrumentos eléctricos. Na “Agra da verbena” os asistentes poderanse cargar de enerxía, sacudirse ou bailar ata que o corpo aguante.

Na chamada “Agra das ideas” situarase o espazo onde ao longo da xornada, persoas vinculadas a colectivos diversos darán a coñecer as súas propostas e reivindicacións ao redor dos eixos conceptuais desta romaría: a diversidade, a inclusión e a sustentabilidade. Tamén se poderán adquirir artigos e produtos de comercio xusto achegadas por distintas entidades e autores na “Agra solidaria”.

As entidades e organizacións participantes poderán desenvolver as súas accións de forma autoxestionada.

Os que teñades ganas de festa e ambiente distinto, con frescura mariña e sombra disposta para a reflexión, aquí atoparedes un bo lugar.

Ver a programación da Romaría

Mapa de localización e estacionamento

Ver mapa

Zonas de estacionamento